Colaboracións

Colaboracións

O acceso a distintos mercados no sector da tradución facilita a proximidade co cliente e o entendemento en aspectos tan delicados como é a comunicación multilingüe. AutomaticTrans desenvolve colaboracións con empresas que permitan desenvolver actividades conxuntas que ofrezan valor aos clientes.

AutomaticTrans pode mellorar os procesos de negocio de integradores e provedores de servizos lingüísticos.
Os clientes benefícianse das alianzas entre expertos en cada tema, a colaboración favorece mellores solucións á internacionalización das empresas.

AutomaticTrans é unha compañía que busca alianzas con empresas que poidan desenvolver a súa actividade de forma máis eficiente y sumar a nosa proposta de valor nos aspectos lingüísticos e tecnolóxicos. Neste sentido AutomaticTrans establece alianzas, tanto con integradores de portais de Internet como con empresas de servizos lingüísticos.

Go For Languages é a empresa pioneira na prestación de servizos de ensino de idiomas a distancia cun gran crecemento nos EUA. O sistema de Go For Languages permite aprender e mellorar o nivel de expresión en diferentes idiomas. A alianza entre AutomaticTrans e Go For Languages é unha sinerxía natural para poder ofrecer aos clientes de ambas as compañías unha liña completa de solucións tanto no ensino de idiomas como na tradución de documentos e portais de Internet. O beneficio para os clientes é dispor dunha linguaxe común nas súas comunicacións orais ou escritas baseadas na consistencia comunicativa e os glosarios empregados en ambos os casos.

Aprender idiomas cómodamente.

______________

maramara*taldea é unha das empresas de servizos lingüísticos de maior calidade do mercado. O equipo profesional, nativo nos idiomas que trata e con alta especialización no idioma éuscaro fan desta compañía un excelente socio para clientes que precisen traducións de alto nivel, nun breve prazo de tempo e cun trato altamente personalizado.

Alta calidad en traducciones especializadas.

______________

Se a súa empresa ten interese en establecer colaboracións connosco non dubide en contactar con nós.

  • Síguenos en
  • Linked in
  • Skype