Valor engadido

Valor engadido

AutomaticTrans ofrece un alto valor engadido en cada encargo que realiza: custos axustados, garantía de calidade e inmediatez. O apoio organizativo que se lles presta aos clientes facilita todas as tarefas do proceso de redacción, corrección, tradución e publicación.

Os clientes de AutomaticTrans melloran os resultados. Máis calidade, a menor custo, en menos tempo.

Os clientes de AutomaticTrans saben que o investimento realizado nos nosos produtos e servizos reporta beneficios inmediatos, tendo en conta que reduce considerablemente os prazos de tradución e as dificultades de coordinación relacionadas co seguimento de cada traballo.

Ademais de conseguir orixinais e traducións correctas e de calidade con garantía de normalización lingüística, cada acción realizada recompila ordenadamente novos rexistros léxicos, acumulando a experiencia para posteriores traballos lingüísticos.

A normalización e as facilidades de coordinación ofrecen unha cadea de valor cada vez máis potente, que garante os resultados e simplifica un proceso xa de por si complexo e sumamente delicado.

Cos produtos e servizos de AutomaticTrans constrúese un repositorio lingüístico con todas as expresións dunha organización. Este repositorio pódese utilizar para corrixir, traducir e para outras funcións como a mellora de buscadores, os sistemas de clasificación automática, etiquetaxe de documentos, ligazón automática de contidos e referencias de apoio á redacción de orixinais.

  • Síguenos en
  • Linked in
  • Skype