A integración do módulo AT-COR cos editores realízase mediante unha chamada a un servizo web ou mediante a entrega dun control ActiveX que pode ser invocado polo propio programa de edición de textos do cliente.
O AT-COR procesa o texto de forma lineal e detecta os elementos erróneos mediante o uso de dicionarios de palabras e expresións que permiten localizar os erros de teclado (ortotipográficos), ortográficos, morfolóxicos, sintácticos e, tamén, de estilo. Todos os aspectos lingüísticos poden personalizarse para que respecten os criterios definidos por cada organización.
A diferenza doutros correctores do mercado o sistema proposto pode analizar os erros de:
- Teclado e ortografía en xeral.
- Erros de transferencia doutras linguas.
- Detección de dequeísmo, queísmo, loísmo, laísmo, leísmo, etc.
- Concordancia de xénero e número entre substantivos e adxectivos.
- Concordancia entre tempos verbais e adverbios.
- Erros en tempos verbais.
- Erros en verbos auxiliares.
- Erros formais do texto (puntuación, signos).
- Normas estilísticas de redacción.
- Linguaxe desaxeitada (sexista ou discriminatoria).
Unha vez procesado o texto, AT-COR marca os textos con erros, para que o usuario tome as decisións axeitadas para a súa corrección. O programa ofrece alternativas de substitución, para facilitar a tarefa de revisión manual. Móstranse as suxestións correctas máis habituais en cada caso.
A persoa que edita o documento pode engadir termos ao seu dicionario persoal que ademais son visualizados polos xestores lingüísticos para analizar se cómpre incorporalo en dicionarios especializados da organización ou do grupo de traballo especializado. Así, asegúrase a coherencia terminolóxica para chamar as cousas sempre da mesma maneira.



