AT-FLOW
O proceso de corrección e revisión debe ser moi coidadoso e debe ser realizado por especialistas que revisen os resultados do AT-CORE e AT-LANG aplicados en cada caso. O control do fluxo completo realízao este módulo que facilita e aumenta a produtividade do traballo dos correctores.
Para a revisión dos resultados do AT-LANG é recomendable ter un circuíto de corrección que permita garantir os resultados ao principio e establecer un control de calidade para verificar os resultados do AT-LANG.
O proceso de corrección mediante AT-FLOW, xera un conxunto de segmentos que se aproveitarán en futuras ocasións.
Os revisores dos textos da empresa de corrección envían ao AT-WIA as incidencias e erros que corrixen; desta maneira, créase un ciclo de retroalimentación que desemboca nun proceso permanente de mellora dos recursos lingüísticos.
AT-FLOW permite traballar cunha rede de tradutores e correctores de confianza para a revisión dos textos publicados. Facilita a organización dos proxectos, segundo as prioridades marcadas polos coordinadores.
Todos os cambios que se realizan na corrección recóllense nas colas de validación de AT-WIA, que comproba as suxestións e as insire no nivel de dicionario axeitado (lingua xeral, dicionario de empresa, dominio, especialidade ou, incluso, persoa).



