AT-MANAGER

AT-MANAGER

Todos os compoñentes do AT-PTC se xestionan e administran a partir do AT-MANAGER. Esta consola facilítalles aos operadores a xestión dos recursos empregados pola Plataforma de Tradución Corporativa de AutomaticTrans.

Mecanismos de control para poder xestionar os parámetros de configuración dos servizos.
Dispón dun sistema de alertas de todas as funcións, para tomar accións que garantan unha total dispoñibilidade da plataforma.

AT-MANAGER é o módulo de control e explotación da AT-PTC, dispón de utilidades para configurar e xestionar os sistemas distribuídos e conectar os módulos da AT-PTC.

AT-MANAGER visualiza os indicadores do sistema e os recursos dispoñibles para establecer a mellor sintonía posible cos compoñentes instalados.

AT-MANAGER axuda a xestionar incidencias, administrar os parámetros técnicos para a sintonía do sistema (sistema de prioridades, aceleradores) e rexistrar sucesos e eventos salientables.

Esta consola pode integrarse con outras consolas de control para poder ser monitorizada dentro do conxunto de sistemas que conformen a rede de servizos dunha empresa ou organización.

  • Síguenos en
  • Linked in
  • Skype