AT-WIA

AT-WIA

A mellora do AT-PTC realízana lingüistas empregando as ferramentas de análise e validación necesarias para formular estratexias axeitadas a cada cliente e contexto. A partir dos resultados do AT-FLOW e do control de calidade determínanse accións que se introducen mediante este módulo.

Garante que un erro non apareza nunca máis, xestionando todo o vocabulario, en cada idioma, en cada especialidade.

A estratexia de AutomaticTrans é facilitar sistemas de alta calidade derivados da súa personalización para cada cliente e ámbito de especialización. Para logralo, é fundamental dotar a plataforma da xestión de recursos lingüísticos (dicionarios, memoria de tradución e regras) que melloren o sistema de tradución automática. Estes recursos compílanse no módulo AT-LANG.

AT-WIA ofrece ferramentas para que lingüistas e especialistas engadan, corrixan e actualicen o AT-LANG específico de cada cliente e especialidade. Utiliza os recursos xerais de corpus e os sistemas de comprobación de regras para facilitar o traballo dos estrategos sen necesidade de técnicos informáticos para realizar calquera acción sobre a plataforma.

Permite comprobar o comportamento do léxico, as regras e os segmentos de memoria de tradución cos algoritmos do núcleo de tradución AT-CORE e os recursos lingüísticos do AT-LANG de cada cliente.

AT-WIA ten unha interface clara e doada de utilizar que permite tomar as decisións axeitadas en cada caso, consolidando os recursos lingüísticos dunha organización.

Adapta a lingua ao estilo da organización e incorpora as personalizacións e o libro de estilo normativo que se crea en cada caso.

  • Síguenos en
  • Linked in
  • Skype