Análise do fondo documental
AutomaticTrans dispón de tecnoloxía de última xeración para a análise de grandes volumes de documentos que permite determinar os casos específicos que se presentan en cada caso.
Empregando técnicas estatísticas contrastadas con recursos lingüísticos que recollen a experiencia acumulada de moitos procesos anteriores, extráense os elementos significativos dos textos.
Desta maneira coñécense as palabras e expresións máis empregadas, os tratamentos de nomes propios, toponimias e entidades, nomes de produtos, expresións ambiguas e en xeral todos os aspectos singulares que determinan a forma de expresarse dunha organización.
Os resultados desta análise son fundamentais para determinar as accións dos lingüistas á hora de definir a normativa e os trazos persoais do libro de estilo que se debe aplicar nunha organización.
A tradución é a nosa razón de ser e sobre a que temos máis experiencia. Ademais, tras máis de 10 anos de produción diaria e encontrar todo tipo de situacións, para poder mellorar o noso servizo aos clientes dotamos de ferramentas para completar todo o ciclo de vida dos documentos:
- axudas á creación,
- xestión,
- tradución,
- corrección e revisión,
- publicación,
- difusión,
- control da difusión
- arquivo (no sistema elixido polo cliente).
Para máis información, consulte a nosa experiencia.



