Localización

Localización de aplicacións
e portais internet

AutomaticTrans localiza a diferentes linguas os portais de internet e as aplicacións que se dirixen a distintos colectivos en varios idiomas. Facilita a publicación inmediata multilingüe das aplicacións web, sen ter que multiplicar as compilacións.

AutomaticTrans asesora as empresas globais na localización dos seus portais.
A facilidade para dispor de forma inmediata das aplicacións e portais traducidos é o principal atractivo do servizo de localización.

AutomaticTrans ten a experiencia necesaria para recomendar e asesorar os seus clientes no proceso de converter as súas aplicacións e portais en multilingües. Un paso necesario é coñecer as peculiaridades de cada cultura e de cada idioma para facer comprensibles as súas aplicacións e portais de internet.

No servizo de localización defínense os formatos de tratamento e a terminoloxía máis axeitados para publicar servizos e aplicacións noutros idiomas.

Durante o asesoramento determínanse todos os factores que hai que considerar no deseño das aplicacións e dos portais, para que os contidos se expresen da forma máis natural en cada lingua e a lonxitude das mensaxes se adapte ao espazo asignado nas aplicacións.

Ademais de asesorar e prestar servizos de localización, AutomaticTrans dispón das ferramentas axeitadas para sistematizar o multilingüismo das aplicacións.

  • Síguenos en
  • Linked in
  • Skype