A redacción realizada por expertos (enxeñeiros, médicos, xefes de produto, comerciais) a miúdo perde de vista o aspecto divulgativo que debe ter todo documento. A comprensión pode resultar complicada para boa parte dos destinatarios, xa que moitas veces inclúe vocabulario especializado e estruturas que dificultan a lectura.
O servizo de redacción permite eliminar as barreiras de comprensión mellorando a mensaxe para que chegue con claridade ao destinatario.
AutomaticTrans réxese polas normas específicas da escritura técnica empregando:
- a terminoloxía axeitada (referindo a súa explicación cando cómpre),
- as estruturas ordenadas e amenas (que, como, cando, onde, quen) que facilitan a comprensión e a lectura fluída
- os formatos e recursos gráficos, engadindo imaxes ou referencias e realizando infografía cando cómpre.
AutomaticTrans ofrécelle ao cliente o asesoramento concreto sobre os seus documentos tratando estes aspectos. Coas conclusións establécese un proceso eficiente para o tratamento completo do ciclo de vida da súa información. Os especialistas de AutomaticTrans, en cada área de coñecemento e no público obxectivo, ofrécenlles un valor engadido importante aos gabinetes de comunicación das organizacións para establecer un estilo redaccional ben estruturado e unha coherencia terminolóxica en toda a empresa.



